Begoña Caamaño (in memoriam)

images

No día de hoxe, morreu en Santiago de Compostela Begoña Caamaño.
Desde este espazo, queremos transmitir o noso pesar pola perda dunha escritora que nos fixo e fará conmovernos e movernos na conciencia cara a posturas persoais e sociais de compromiso cun mundo diferente: un mundo igualitario no que o rol das mulleres e dos homes camiñe por carreiros de liberdade, respecto e tolerancia, como ocorre en Circe ou o pracer do azul ou en Morgana en Esmelle. Begoña retomaba os mitos para reconstruílos cuns novos lentes de muller feminista e, así vistos, os heroes xa non o son tanto e as novas heroínas constrúense coa afouteza da afronta ante o sufrimento, a desgraza persoal e a violencia de xénero padecidos nunha sociedade feita por e para os homes violentos, falsos, ignorantes e mutilados de toda mostra de afecto.
Os arquetipos masculinos de Ulises e Merlín teñen que someterse á crítica e vontade de mulleres coma Morgana ou Circe que, coa axuda dunha apócema, converte en porcos, lobos e outros animais a homes cuxos comportamentos coas mulleres son incorrectos “até seren capaces de ver o errado das súas condutas, até renunciaren a eses comportamentos viles e abxectos que son os que en realidade os privan da humanidade. Co tempo, case todos rematan por entendelo e volven asumir a conciencia humana, virados en seres máis amábeis e comprensivos.”

Que alá onde estea quen tan ben escribiu, que siga inspinándonos historias de mulleres, denuncia e liberación.

Eis as portadas das súas novelas publicadas



images2
images3

Acerca de olga amigo

Profesora de Lingua e Literatura galegas no I.E.S. Virxe do Mar (Noia)
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *